miércoles, 6 de abril de 2016



XXV  Xornadas de Mariñán


XORNADAS DE EQUIPOS DIRECTIVOS DE ED. INFANTIL E PRIMARIA

 1.- CELEBRACIÓN :
-       Pazo de Mariñán, Bergondo. A Coruña
-       Días 5, 6 e 7 de maio de 2016
2.- PROGRAMA
DÍA 5 DE MAIO, XOVES
–    16:00 horas: Recepción dos asistentes e entrega de documentación
–    16:30 horas: Acto inagural presidido polo Presidente da Deputación Provincial da Coruña
–    17.00 horas Tema: “As avaliacións como elemento de mellora: aportacións, limitacións e as súas consecuencias para a educación escolar”
Relator: Jesús Miguel Jornet Meliá
–       18:00 horas: Descanso e refrixerio
–       18:30 horas: Grupos de traballo
–       19:30 horas: Posta en común e conclusións
–       21:00 horas: Fin da sesión.
DÍA 6 DE MAIO, VENRES
    09:30 horas Tema: “Os proxectos de mellora na escola. A convivencia positiva como marco de referencia”
Relator: D. Pedro Uruñuela Najera
–    11:00 horas: Descanso e refrixerio
–    11:30 horas: Grupos de traballo
–    12:30 horas: Posta en común e conclusións
–    14:00 horas: Xantar
–    16:30 horas Tema: “As tarefas dos directivos escolares: dirixir persoas e equipos, organizar o centro”.
Relator: D. Alfonso Fernández Martínez

_    18:00 horas. Descanso e refrixerio
–    18:30 horas: Grupos de traballo.
–    19:30 horas: Posta en común e conclusión.
–    21:00 horas: Fin da sesión
      DÍA 7 DE MAIO, SÁBADO
-       09:30 horas Tema: O desafío da protección de datos e os dereitos tecnolóxicos na educación do século XXI”
RelatorD. Victor Alberto Salgado Seguín
–      11:00 horas: Descanso e refrixerio e visita guiada ao Pazo
–      12:00 horas: Grupos de traballo
–      13.00 horas: Posta en común e conclusións
–      13:30 horas: Acto oficial de clausura das XXIV
–      14:00 horas: Xantar de clausura.

3.- OBXECTIVOS:OS
➢    Coñecer e interiorizar procedementos de actuación cos que habitualmente temos que interactuar a hora de xestionar os centros educativos e de manter as necesarias e correspondentes medidas de actuación no ámbito de xestión, control e movemento dos ficheiros de datos e informacións relativas aos membros da comunidade educativa...

Ø Reflexionar sobre os modelos de dirección que se planean a nivel nacional e autonómico froito das normativas actuais e futuras. Para conseguir este obxectivo proporase un traballo reflexivo e compilatorio sobre as principais función e competencias básicas para o exercicio da dirección escolar dende a premisas do liderazgo compartido , e o liderazgo para a mellora, que será contrastado coa experiencia cotiá dos poñentes e dos asistentes e, finalmente, consideraranse as posibilidades de identificación, diagnóstico e desenvolvemento.

Ø Reflexionar e coñecer como buscar a mellora dos centros educativos a través da implementación de plans de mellora en xeral e do plan de convivencia en particular.

Ø A organización e participación dos diversos membros das comunidades educativas como obxeto de mellora da calidade educativa.

Ø As avaliación internas VS externas de centro. A mellora do centro a través dunha verdadeira anamnesis.

Ø Estes  obxectivos   pretenden  que   os  asistentes   ás Xornadas  estuden, coñezan e  debatan sobre aspectos de  máxima actualidade e  de  especial interese na organización e funcionamento dos centros educativos. E asemade teñan información e poidan coñecelos proxectos das Administracións educativas sobre a presente e futura normativa de centros educativos.


4.- CONTIDOS:
Ø  Xestión da mellora da convivencia nos centros.
Ø  Xestión e responsabilidade do profesorado. A Resolución pacífica do conflicto.
Ø  A Dirección Escolar como motor na implementación do plan de convivencia.
Ø  Xestión escolar. Dereitos-obrigas. Xeración, xestión e control de ficheiros.
Ø  Os plan de mellora como elementos básicos na organización e xestión das institucións escolares.
Ø  Autonomía e participación como signo de calidade educativa.

5.- METODOLOXÍA:
Ø  Eminentemente práctica e participativa, alternando a exposición e debate dos contidos obxecto de estudo coa análise de documentos, estudo de casos e exercitacións individuais e en grupo.
Ø  Acompañarase coa activación de grupos de discusión e de presentacións de experiencias persoais e de centro que resalten a significativación dos obxetivos planificados.
6.- ASISTENTES:
-      Poden asistir os compoñentes de equipos directivos de escolas de educación infantil, de colexios públicos de educación infantil e primaria, rurais agrupados, centros de educación especial e de centros públicos integrados da Comunidade Autónoma de Galicia que se matriculen no prazo establecido. (Máximo de dúas persoas por Centro)

7.- ORGANISMOS COLABORADORES:
              

1ª Sesión. Jesús Miguel Jornet
2ª Sesión: D. Pedro Uruñuela Najera e D. Alfonso Fernández Martínez
3ª Sesión: D. Victor Alberto Salgad

martes, 8 de marzo de 2016

Ata sempre, Manolo

Lamentamos profundamente ter que comunicar a todos e todas, a perda do noso querido compañeiro Manuel Naveira, Director do CEIP Eusebio da Garda de A Coruña. En nome  desta Asociación da que era membro, queremos solidarizarnos coa súa familia, compañeiros e amigos, e transmitir o noso agradecemento polas mostras de cariño recibidas.
Manuel Naveira.

viernes, 12 de febrero de 2016

Calendario de admisión de alumnado 2016

PRAZOS
                                            ACTUACIÓNS SEGUNDO A ORDE DO 12  DE MARZO DE 2013
1-15 de febreiro
-  Cambio dun centro a outro ao que se está adscrito (alumnado de 6º, por exemplo). Presentación de solicitude (Anexo I) polos pais, nais ou titores legais no centro de orixen. (Artigo 10º.2)
Envío ao centro ao que está adscrito da relación do alumnado susceptible de matricularse no mesmo para o vindeiro curso, xunto coas solicitudes de reserva de praza. (Artigo 10º.3)
-  A presentación de solicitude noutro centro estando vinculado por reserva implica perda do dereito de prioridade. (Artigo 11º.3 e 34º.1b).
Antes do 1 de marzo
-  Aprobación polo Consello Escolar do criterio complementario do centro, se é o caso,  e da forma de acreditalo.  Información á Xefatura Territorial e inclusión deste dato na información á que fai referencia o punto seguinte. (Art.28º).
Publicación no taboleiro de anuncios das vacantes dispoñibles para o curso 2016-17, así como dos demais aspectos que figuran no artigo 13º.1 e 13º.2 da devandita Orde.
-   Reservar tres postos por unidade nos cursos 1º de EI e 1º de EP para que a Comisión de escolarización escolarice, se é o caso, alumnado con n.e. de a.e. (Artigo 3º.2).
Sorteo público na Consellería para determinar a orde de preferencia nos casos de empate. (Artigo 29º.3).
1-29 de marzo
(segundo o art. 18.)
Presentación de solicitudes de admisión segundo o Anexo II, acompañadas do DNI ou L. de Familia. (Arts.14º.1, 15º e 16º).
-  Cada solicitante presentará unha única solicitude, relacionando nela por orde de preferencia ata seis centros nos que solicita praza. (Artigo 14º.6). Na mesma solicitude indicará se desexa ou non utilizar o comedor  e o transporte (Disposic. Adic. 2ª)
-  Esta solicitude entregarase no centro que se solicite en primeiro lugar. (Artigo 14º.5).
-  Todas as solicitudes deberán contar coa data e selo de rexistro de entrada e/ou saída, segundo proceda.
- Ter todos os datos de admisión cargados na aplicación XADE nos 3 días hábiles seguintes á presentación de cada solicitude. (Art. 14.8)
- Se os pais optan a unha praza para alumnado con n.e.e. deberán manifestalo e achegarán a documentación pertinente. (Art. 37º.1 e 2)
Envío á Xefatura Territorial, no prazo máximo de dez días hábiles a partir do día seguinte da súa presentación no centro, xunto coa avaliación psicopedagóxica inicial realizada polo centro, das solicitudes para o alumnado con necesidade educativa específica de apoio educativo. (Artigo 38º.1).
1–12 abril
-  Se existe máis demandada que oferta, presentación no centro de documentación acreditativa dos criterios de baremo. Esta presentación ten carácter voluntario. (Artigo 17º.1 e 2)
13 de abril
-  Solicitude á Xefatura Territorial da verificación de que os datos fiscais coincidan cos do Padrón (Art. 22º.3).
Antes do 25 de abril
- Recepción da Xefat. Territorial das solicitudes de prazas reservadas para n.e.e., acompañadas de informe do EOE e indicación de se procede ou non a escolarización con cargo á reserva de prazas. (Art. 38º.2).
Reunión do Consello Escolar e publicación provisional de admitidos e non admitidos por curso. (Artigo 30º.1)
-  Prazo de presentación de reclamacións as listaxes provisionais: cinco días hábiles. (Artigo 30º.3)
-  As reclamacións resolveranse coa publicación das listaxes definitivas. (Artigo 31º.1)
Durante o mes de ABRIL
-   Solicitude dos servizos de transporte e comedor para o alumnado do Centro que non teña que formalizar matrícula, con documentación acreditativa e ou autorización á Consellería (Ver disposición adicional 2ª)
Antes do 15 de maio
Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido. (Artigo 31º.2).
-  Contra esta publicación, cabe recurso de alzada ante a xefatura territorial  no prazo dun mes. (Artigo 32º).
-  Nun prazo de 2 días  hábiles á publicación das listaxes definitivas, envío á Xefatura Territorial a seguinte documentación (artigo 33º):
- Copia das listaxes definitivas de admitidos.
- Número de postos non cubertos, detallados por cursos e niveis se é o caso.
- Listaxe de alumnado que non resultou admitido, xunto coa documentación presentada.
- De ser o caso, solicitudes de alumnado con n.e.e. que non resultasen admitidas na resolución definitiva e, tamén     de ser o caso, as prazas vacantes reservadas a este alumnado. (Art. 39º).
20 - 30  Xuño
Formalización da matrícula do alumnado de educación infantil e primaria. (Artigo 40º.2 a).
-  Se finalizado este prazo non se formalizara a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida (Art.40º.3)
- Unha vez finalizado o prazo de matrícula, comunicación á Xefatura Territorial o número de prazas vacantes especificando curso e nivel educativo.  Así mesmo  irá comunicando todas as vacantes que se produzan ao longo do curso académico. (Artigo 42º).
- O centro de secundaria solicitará ao  centro de primaria  a remisión de documentación correspondente ao alumnado que formalizou a matrícula no seu centro. (Art. 41º).
- Comunicar á Xefatura Territorial  as vacantes que se poidan producir no centro:
           a) Con posterioridade á resolución definitiva e antes ao inicio do prazo de matrícula. (Artigo 33º).
           b) As que xurdan con posterioridade ao inicio do prazo de matrícula. (Artigo 42º).
           c) Tamén as que se produzan ao longo do curso académico. (Artigo 42º).