miércoles, 21 de noviembre de 2018

Cambio na presidencia da Asociación

No inicio do curso 2018-2019 Emilio Veiga foi designado como Director do Centro de Formación do Profesorado de A Coruña, e polo tanto deixou de ser director no CEIP S. Francisco Xabier de A Coruña e tamén cesou como presidente da Asociación de directores-as de colexios públicos da cidade de A Coruña.
No seu lugar foi elixido por unanimidade Jesús Celemín, actual director do CEIP Rosalía de Castro de A Coruña, que presidirá esta asociación ata final do presente curso, co compromiso de abrir nese momento un proceso electoral que elixa unha nova xunta directiva e novo presidente-a.
Dende aquí agradecemos a Emilio a súa intensa dedicación nestes últimos sete anos, e desexámoslle  sorte e moitos éxitos no seu novo posto profesional.


martes, 8 de mayo de 2018

Entrevista con Juan Vaello y documentación.

Con motivo das XXVII Xornadas de equipos Directivos celebradas no Pazo de Mariñán entre o 3 e o 5 de maio de 2018, o xornal La Voz de Galicia realizou unha interesante entrevista ao ponente do sábado que falounos das estratéxias para traballar co alumnado disruptivo e desmotivado.


lunes, 7 de mayo de 2018