miércoles, 21 de noviembre de 2018

Cambio na presidencia da Asociación

No inicio do curso 2018-2019 Emilio Veiga foi designado como Director do Centro de Formación do Profesorado de A Coruña, e polo tanto deixou de ser director no CEIP S. Francisco Xabier de A Coruña e tamén cesou como presidente da Asociación de directores-as de colexios públicos da cidade de A Coruña.
No seu lugar foi elixido por unanimidade Jesús Celemín, actual director do CEIP Rosalía de Castro de A Coruña, que presidirá esta asociación ata final do presente curso, co compromiso de abrir nese momento un proceso electoral que elixa unha nova xunta directiva e novo presidente-a.
Dende aquí agradecemos a Emilio a súa intensa dedicación nestes últimos sete anos, e desexámoslle  sorte e moitos éxitos no seu novo posto profesional.