sábado, 7 de mayo de 2022

Acto oficial de clausura das XXIX

 

Grupo



 

viernes, 6 de mayo de 2022

Experiencias

“Presentación de boas prácticas de centro”.

CEIP. San Pedro de Visma – “O horto escolar”. 



CEIP. Raquel Camacho – “Biblioteca inclusiva”.


lunes, 6 de abril de 2020

Suspendidas as 29ª Xornadas de Equipos Directivos

A xunta directiva da Asociación de Directores-as da cidade de A Coruña decidimos a suspensión desta vixésimo novena edición debido á situación que vivimos de estado de alarma e confinamento pola crise do coronavirus Covid-19. Por primeira vez, e tras 28 anos ininterrumpidos, tomamos esta inevitable decisión, cando xa tiñamos as Xornadas organizadas e pechadas totalmente para celebrar no Pazo de Mariñán entre o 7 e o 9 de maio de 2020, e na que contabamos coa participación de destacados poñentes como por exemplo o especialista en neuroeducación Hector Ruiz.
Queremos informarvos tamén de que estamos a valorar a realización dunha xornada de un día na época de outono. 
Desexamos a todos os compañeiros e compañeiras directivos que vos encontredes ben e agardamos vernos pronto no Pazo de Mariñán, dando continuidade a tantos anos de formación e convivencia.
Forte aperta compañeiros-as!!

Antonio Leonardo Pastor (Presidente da Asociación)

lunes, 27 de enero de 2020

29ª Xornadas Mariñán


Prezados/as compañeiros/as,
estamos preparando as xornadas de Mariñán para maio de 2020, estamos buscando experiencias que se están a realizar nos centros, para que saían á luz dentro dese apartado que temos de boas prácticas. Pensamos que estamos a traballar moito e moi ben, pero ás veces ese traballo queda no noso centro, e queremos darlle divulgación e que se poidan levar á práctica en máis centros. Non o dubidedes, e poñerse en contacto con nos no correo aleonardo@edu.xunta.gal