ASOCIACIÓN DE DIRECTORES DE COLEXIOS PÚBLICOS DA CORUÑA
XXIX XORNADAS DE EQUIPOS DIRECTIVOS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA
1.- CELEBRACIÓN :
- Pazo de Mariñán, Bergondo. A Coruña
- Días 5, 6 e 7 de maio de 2022
2.- PROGRAMA
DÍA 05 DE MAIO, XOVES
– 16:00 horas: Recepción dos asistentes e entrega de documentación.
– 16:30 horas: Acto inaugural presidido polo autoridades: Deputación Provincial da Coruña; Consellería de Cultura, Educación e Universidade; Universidade de A Coruña; e Concello de A Coruña.
– 17.00 horas Tema: "A avaliación da equidade en educación".
Relator: Jordi Serarols i Boada.
– 18:00 horas: Descanso e refrixerio.
– 18:30 horas: Grupos de traballo.
– 19:30 horas: Posta en común e conclusións.
– 21:00 horas: Fin da sesión.
DÍA 6 DE MAIO, VENRES
– 09:30 horas: Tema: “LOMLOE”.
Relator: Francisco Luna Arcos.
– 11:00 horas: Descanso e refrixerio.
– 11:30 horas: Grupos de traballo.
– 12:30 horas: Posta en común e conclusións.
– 14:00 horas: Xantar.
– 16:30 horas: Tema: “Presentación de boas prácticas de centro”.
Centros Participantes:
CEIP Plurilingüe A Laxe – Valón. Tema: “Patios dinámicos. Inclusión TEA”.
CEIP Emilia Pardo Bazán – Coruña. Tema: “Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde”.
- 18:00 horas. Descanso e refrixerio.
CEIP. San Pedro de Visma – “O horto escolar”.
CEIP. Raquel Camacho – “Biblioteca inclusiva”.
CEIP. Anxo da Garda – “Proxecto Lova”.
– 19:30 horas: Posta en común e conclusións.
– 21:00 horas: Fin da sesión.
DÍA 7 DE MAIO, SÁBADO
- 09:30 horas Tema: "¿Cómo aprendemos? Neurociencia e psicoloxía da aprendizaxe". Relator: Héctor Ruíz Martín.
– 11:00 horas: Descanso e refrixerio e visita guiada ao Pazo.
– 12:00 horas: Grupos de traballo.
– 13.00 horas: Posta en común e conclusións.
– 13:30 horas: Acto oficial de clausura das XXVIII.
– 14:00 horas: Xantar de clausura.
3.- OBXECTIVOS:
Coñecer e interiorizar procedementos de actuación cos que habitualmente temos que interactuar á hora de xestionar os centros educativos e de manter as necesarias e correspondentes medidas de actuación no ámbito de xestión, control e movemento dos ficheiros de datos e informacións relativas aos membros da comunidade educativa.
Como empoderar ás escolas para mellorar e avaliar a equidade.
Crear un marco para avaliar a equidade nas escolas.
Facultar as direccións das escolas para dirixir cambios escolares que aumenten a equidade nas súas escolas.
Promover o coñecemento e a colaboración nas comunidades escolares para mellorar a equidade escolar a través do desenrolo de boas prácticas.
Coñecer a importancia da neurociencia na aprendizaxe das persoas.
Reflexionar sobre os modelos de dirección que se planean a nivel nacional e autonómico froito das normativas actuais e futuras.
Reflexionar e coñecer como buscar a mellora dos centros educativos a través da implementación de plans de mellora en xeral e do plan de convivencia en particular, a través de abordar a xestión de aula dende un dobre punto de vista,: preventivo e de intervención.
Actualización e profundar nas novas leis educativas.
Presentar boas prácticas como elementos de reflexión e de mellora da calidade educativa.
Xestionar os espazos de patio e lecer.
Traballar sobre prácticas restaurativas.
Estes obxectivos pretenden que os asistentes ás Xornadas estuden, coñezan e debatan sobre aspectos de máxima actualidade e de especial interese na organización e funcionamento dos centros educativos. E asemade teñan información e poidan coñecelos proxectos de mellora cara a organización e xestión dos centros educativos.
4.- CONTIDOS:
Xestión da mellora da convivencia nos centros. Estratexias de intervención e e mellora.
Equidade e avaliación.
Xestión de novas maneiras de aprendizaxe.
A nova lei de educación (LOMLOE).
O equipo directivo como motor na implementación da convivencia. A xestión de aula.
Boas prácticas escolares e de dirección.
Os plan de mellora da xestión de aula como elementos básicos na organización e xestión das institucións escolares.
Mellora dos patios e espazos.
Xestión das prácticas restaurativas.
5.- METODOLOXÍA:
Eminentemente práctica e participativa, alternando a exposición e debate dos contidos obxecto de estudo coa análise de documentos, estudo de casos e exercitacións individuais e en grupo.
Acompañarase coa activación de grupos de discusión e de presentacións de experiencias persoais e de centro que resalten a significativación dos obxetivos planificados.
6.- ASISTENTES:
- Poden asistir os compoñentes de equipos directivos de escolas de educación infantil, de colexios públicos de educación infantil e primaria, rurais agrupados, centros de educación especial e de centros públicos integrados da Comunidade Autónoma de Galicia que se matriculen no prazo establecido. (Máximo de dúas persoas por Centro).
7.- POÑENTES:
1ª Sesión: Jordi Serarols i Boada.
2ª Sesión: Francisco Luna Arcos.
Profesorado dos centros educativos referidos.
3ª Sesión: Héctor Ruíz Martín.