lunes, 7 de mayo de 2018

sábado, 27 de mayo de 2017

viernes, 5 de mayo de 2017

Ponencia de empoderamento nas 26ª Xornadas.


O sábado 6 de maio , D. Carlos González Pérez pechou as xornadas cunha ponencia sobre empoderamento e liderazgo persoal. Aquí tedes a documentación da interesante ponencia.

jueves, 27 de abril de 2017

26ª Xornadas de Equipos Directivos no Pazo de Mariñán

As XXVI Xornadas de Equipos Directivos, no Pazo de Mariñán, en Bergondo, A Coruña, xa está listas. Como sempre, estaremos moi satisfeitos de contar, un ano máis, co voso apoio e participación.

O contido e programa das Xornadas o podedes consultar e descargar no
tríptico que adxuntamos nesta entrada.

A inscrición realízase, a través deste formulario https://goo.gl/forms/B76a9gvpbQ2jvSxE3 
Lembrade que despois de facer a inscrición é necesario tamén, realizar a transferencia do importe
correspondente, á conta indicada no díptico, e posteriormente enviar o
xustificante escaneado a través deste medio.
Animádevos!

miércoles, 6 de abril de 2016



XXV  Xornadas de Mariñán


XORNADAS DE EQUIPOS DIRECTIVOS DE ED. INFANTIL E PRIMARIA

 1.- CELEBRACIÓN :
-       Pazo de Mariñán, Bergondo. A Coruña
-       Días 5, 6 e 7 de maio de 2016
2.- PROGRAMA
DÍA 5 DE MAIO, XOVES
–    16:00 horas: Recepción dos asistentes e entrega de documentación
–    16:30 horas: Acto inagural presidido polo Presidente da Deputación Provincial da Coruña
–    17.00 horas Tema: “As avaliacións como elemento de mellora: aportacións, limitacións e as súas consecuencias para a educación escolar”
Relator: Jesús Miguel Jornet Meliá
–       18:00 horas: Descanso e refrixerio
–       18:30 horas: Grupos de traballo
–       19:30 horas: Posta en común e conclusións
–       21:00 horas: Fin da sesión.
DÍA 6 DE MAIO, VENRES
–    09:30 horas Tema: “Os proxectos de mellora na escola. A convivencia positiva como marco de referencia”
Relator: D. Pedro Uruñuela Najera
–    11:00 horas: Descanso e refrixerio
–    11:30 horas: Grupos de traballo
–    12:30 horas: Posta en común e conclusións
–    14:00 horas: Xantar
–    16:30 horas Tema: “As tarefas dos directivos escolares: dirixir persoas e equipos, organizar o centro”.
Relator: D. Alfonso Fernández Martínez

_    18:00 horas. Descanso e refrixerio
–    18:30 horas: Grupos de traballo.
–    19:30 horas: Posta en común e conclusión.
–    21:00 horas: Fin da sesión
      DÍA 7 DE MAIO, SÁBADO
-       09:30 horas Tema: “O desafío da protección de datos e os dereitos tecnolóxicos na educación do século XXI”
Relator: D. Victor Alberto Salgado Seguín
–      11:00 horas: Descanso e refrixerio e visita guiada ao Pazo
–      12:00 horas: Grupos de traballo
–      13.00 horas: Posta en común e conclusións
–      13:30 horas: Acto oficial de clausura das XXIV
–      14:00 horas: Xantar de clausura.

3.- OBXECTIVOS:OS
➢    Coñecer e interiorizar procedementos de actuación cos que habitualmente temos que interactuar a hora de xestionar os centros educativos e de manter as necesarias e correspondentes medidas de actuación no ámbito de xestión, control e movemento dos ficheiros de datos e informacións relativas aos membros da comunidade educativa...

Ø Reflexionar sobre os modelos de dirección que se planean a nivel nacional e autonómico froito das normativas actuais e futuras. Para conseguir este obxectivo proporase un traballo reflexivo e compilatorio sobre as principais función e competencias básicas para o exercicio da dirección escolar dende a premisas do liderazgo compartido , e o liderazgo para a mellora, que será contrastado coa experiencia cotiá dos poñentes e dos asistentes e, finalmente, consideraranse as posibilidades de identificación, diagnóstico e desenvolvemento.

Ø Reflexionar e coñecer como buscar a mellora dos centros educativos a través da implementación de plans de mellora en xeral e do plan de convivencia en particular.

Ø A organización e participación dos diversos membros das comunidades educativas como obxeto de mellora da calidade educativa.

Ø As avaliación internas VS externas de centro. A mellora do centro a través dunha verdadeira anamnesis.

Ø Estes  obxectivos   pretenden  que   os  asistentes   ás Xornadas  estuden, coñezan e  debatan sobre aspectos de  máxima actualidade e  de  especial interese na organización e funcionamento dos centros educativos. E asemade teñan información e poidan coñecelos proxectos das Administracións educativas sobre a presente e futura normativa de centros educativos.


4.- CONTIDOS:
Ø  Xestión da mellora da convivencia nos centros.
Ø  Xestión e responsabilidade do profesorado. A Resolución pacífica do conflicto.
Ø  A Dirección Escolar como motor na implementación do plan de convivencia.
Ø  Xestión escolar. Dereitos-obrigas. Xeración, xestión e control de ficheiros.
Ø  Os plan de mellora como elementos básicos na organización e xestión das institucións escolares.
Ø  Autonomía e participación como signo de calidade educativa.

5.- METODOLOXÍA:
Ø  Eminentemente práctica e participativa, alternando a exposición e debate dos contidos obxecto de estudo coa análise de documentos, estudo de casos e exercitacións individuais e en grupo.
Ø  Acompañarase coa activación de grupos de discusión e de presentacións de experiencias persoais e de centro que resalten a significativación dos obxetivos planificados.
6.- ASISTENTES:
-      Poden asistir os compoñentes de equipos directivos de escolas de educación infantil, de colexios públicos de educación infantil e primaria, rurais agrupados, centros de educación especial e de centros públicos integrados da Comunidade Autónoma de Galicia que se matriculen no prazo establecido. (Máximo de dúas persoas por Centro)

7.- ORGANISMOS COLABORADORES:
              

1ª Sesión. Jesús Miguel Jornet
2ª Sesión: D. Pedro Uruñuela Najera e D. Alfonso Fernández Martínez
3ª Sesión: D. Victor Alberto Salgad