Os días 7, 8 e 9 de maio de 2015 celebramos a 24ª edición destas Xornadas para equipos directivos no Pazo de Mariñán - Bergondo - A Coruña. Este ano a temática elexida é a convivencia nos centros educativos, a mediación, a relación coas institucións sobre as problemáticas máis habituais.
Animámosvos a participar. Podedes obter toda a información sobre o programa facendo clic sobre a imaxe.
domingo, 26 de abril de 2015
miércoles, 28 de mayo de 2014
viernes, 25 de abril de 2014
XXIII XORNADAS DE EQUIPOS DIRECTIVOS DE EDUCACION INFANTIL E PRIMARIA
Os vindeiros días 8-9 e 10 de maio celebrarase, como ben sendo habitual nestas datas, as XXIII Xornadas de Equipos Directivos de Educación Infantil e Primaria, na emblemático paraxe do Pazo de Mariñán.
Díptico informátivo. Ver
Díptico informátivo. Ver
sábado, 20 de abril de 2013
Programa das XXII Xornadas de Mariñán
ASOCIACIÓN DE
DIRECTORES DE COLEXIOS PÚBLICOS DA
CORUÑA
CEIP
“San Francisco Xabier”. Ronda de Outeiro,72. 15009 A Coruña
XXII XORNADAS DE EQUIPOS DIRECTIVOS DE Educación
Infantil e Primaria
1.- CELEBRACIÓN :
- Pazo de Mariñán, Bergondo. A Coruña
-
Días 2, 3 e
4 de maio de 2013
2.- PROGRAMA
DÍA 2 DE
MAIO, XOVES
-
16:00
horas Recepción dos asistentes e entrega
de documentación
-
16:30 horas
Acto inagural presidido polo Presidente da Deputación Provincial da
Coruña
-
17.00 horas Tema: “A XESTIÓN
DOS CENTROS E RESPONSABILIDADE DO PROFESORADO.
A responsabilidade patrimonial e civil da administración no ámbito
docente”
Relator: Pablo Valencia Vila. Xefe do Servizo de
Réxime Xurídico e Recursos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria.
-
18:00 horas Descanso e
refrixerio
-
18:30 horas Grupos de traballo
-
19:30 horas Posta en común e
conclusións
-
20:30 horas Fin da sesión
DÍA 3 DE
MAIO, VENRES
-
09:30 horas Tema: “A DIRECCIÓN ESCOLAR A DEBATE: retos e propostas"
Relator:
Josep Serentill Rubio.
-
11:00 horas Descanso e
refrixerio
-
11:30 horas Grupos de traballo
- 12:30 horas Posta en común e conclusións
-
14:00 horas Xantar
-
16:00 horas Tema: “A DOCUMENTACIÓN DA ORGANIZACIÓN DE CENTROS: A
Organización e funcionamento das institucións escolares a través do liderazgo
directivo"
Relator:
Josep Serentill Rubio.
-
18:00 horas Descanso e refrixerio
-
18:30 horas Grupos de traballo
-
19:30 horas Posta en común e
conclusión.
-
20:30 horas Fin da sesión
DÍA 4 DE
MAIO, SÁBADO
-
09:30 horas Tema: “A CALIDADE E A
INNOVACIÓN EDUCATIVA A TRAVÉS DE DIFERENTES ASPECTOS: a avaliación, o liderazgo, os regulamentos
básicos de centro.”
Relator: Mª Carmen Cimadevila Cea.
Subdirectora Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo da
Consellería de Cultura, Educación e Orednación Universitaria.
-
11:00 horas Descanso e refrixerio e visita guiada ao Pazo
-
11:30 horas Grupos de traballo
-
12:30 horas Posta en común e
conclusións
-
13:30 horas Acto oficial de clausura das
XXII
-
14:00 horas Xantar de clausura
3.- OBXECTIVOS:OS
Ø Coñecer, formular preguntas e
obter respostas a todas aquelas cuestións que os asistentes interesen sobre
temas relacionados coas baixas laborais e profesionais, coa organización,
xestión e responsabilidade nas actividades complementarias e extraescolares e
algún outros aspectos do procedemento administrativo relacionados, en xeral,
coa organización e funcionamento dos centros educativos e, en particular, co
exercicio da función directiva.
Ø Reflexionar sobre os modelos de
dirección que se planean a nivel nacional e autonómico froito das normativas
actuais e futuras. Para conseguir este obxectivo proporase un traballo
reflexivo e compilatorio sobre as principais función e competencias básicas
para o exercicio da dirección escolar que será contrastado coa experiencia
cotiá dos poñentes e dos asistentes e, finalmente, consideraranse as
posibilidades de identificación, diagnóstico e desenvolvemento.
Ø Reflexionar e debater sobre os
múltiples cambios acontecidos no ámbito da xestión e funcionamento dos centros
educativos de infantil e primaria nos últimos anos e planificar a necesidade de
reformulación dun novo Regulamento Orgánico de Centro que abrangue eses cambios
e se axuste as novas realidades socio-educativas actuais.
Ø Estes obxectivos
pretenden que os
asistentes ás Xornadas estuden, coñezan e debatan sobre aspectos de máxima actualidade e de
especial interese na organización e funcionamento dos centros
educativos. E asemade teñan información e poidan coñecelos proxectos das
Administracións educativas sobre a presente e futura normativa de centros
educativos
4.-
METODOLOXÍA:
Ø Eminentemente práctica
e participativa, alternando a exposición e debate dos contidos obxecto de
estudo coa análise de documentos, estudo de casos e exercitacións individuais
e en grupo.
5.- ASISTENTES:
- Poden asistir os compoñentes de equipos
directivos de escolas de educación infantil, de colexios públicos de educación
infantil e primaria, rurais agrupados, centros de educación especial e de centros
públicos integrados da Comunidade Autónoma de Galicia que se matriculen no
prazo establecido. (Máximo de dúas persoas por Centro)
6.- ORGANISMOS COLABORADORES:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
%2B10.53.56.png)

