viernes, 15 de mayo de 2015

lunes, 11 de mayo de 2015

Ponencias das XXIV Xornadas

Grazas a todos-as pola vosa participación mas Xornadas. Comezamos a pensar e preparar a edición especial do vindeiro ano, será unha edición especial, 25 anos.
De momento deixámosvos os materiais das ponencias desta 24ª edición.



domingo, 26 de abril de 2015

24ª Xornadas de Mariñán

Os días 7, 8 e 9 de maio de 2015 celebramos a 24ª edición destas Xornadas para equipos directivos no Pazo de Mariñán - Bergondo - A Coruña. Este ano a temática elexida é a convivencia nos centros educativos, a mediación, a relación coas institucións sobre as problemáticas máis habituais. Animámosvos a participar. Podedes obter toda a información sobre o programa facendo clic sobre a imaxe.

viernes, 25 de abril de 2014

XXIII XORNADAS DE EQUIPOS DIRECTIVOS DE EDUCACION INFANTIL E PRIMARIA

Os vindeiros días 8-9 e 10 de maio celebrarase, como ben sendo habitual nestas datas, as XXIII Xornadas de Equipos Directivos de Educación Infantil e Primaria, na emblemático paraxe do Pazo de Mariñán.
Díptico informátivo. Ver

sábado, 20 de abril de 2013

Programa das XXII Xornadas de Mariñán



                           ASOCIACIÓN DE DIRECTORES DE COLEXIOS PÚBLICOS  DA CORUÑA
CEIP “San Francisco Xabier”. Ronda de Outeiro,72. 15009   A Coruña

XXII  XORNADAS  DE  EQUIPOS  DIRECTIVOS  DE  Educación
Infantil e Primaria

 1.- CELEBRACIÓN :
-       Pazo de Mariñán, Bergondo. A Coruña
-       Días 2, 3 e 4 de maio de 2013
2.- PROGRAMA
DÍA 2 DE MAIO, XOVES
-       16:00 horas  Recepción dos asistentes e entrega de documentación
-       16:30 horas  Acto inagural presidido polo Presidente da Deputación Provincial da Coruña
-       17.00 horas Tema: “A XESTIÓN DOS CENTROS E RESPONSABILIDADE DO PROFESORADO.  A responsabilidade patrimonial e civil da administración no ámbito docente”
     Relator: Pablo Valencia Vila. Xefe do Servizo de Réxime Xurídico e Recursos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
-       18:00 horas  Descanso e refrixerio
-       18:30 horas  Grupos de traballo
-       19:30 horas  Posta en común e conclusións
-       20:30 horas  Fin da sesión
DÍA 3 DE MAIO, VENRES
-       09:30 horas Tema: “A DIRECCIÓN ESCOLAR A DEBATE: retos e propostas"
Relator: Josep Serentill Rubio.
-       11:00 horas  Descanso e refrixerio
-       11:30 horas  Grupos de traballo
-       12:30 horas  Posta en común e conclusións
-       14:00 horas  Xantar
-       16:00 horas Tema: “A DOCUMENTACIÓN DA ORGANIZACIÓN DE CENTROS: A Organización e funcionamento das institucións escolares a través do liderazgo directivo"
Relator: Josep Serentill Rubio.
-       18:00 horas  Descanso e refrixerio
-       18:30 horas  Grupos de traballo
-       19:30 horas  Posta en común e conclusión.
-       20:30 horas  Fin da sesión
DÍA 4 DE MAIO, SÁBADO
-       09:30 horas Tema: “A CALIDADE E A INNOVACIÓN EDUCATIVA A TRAVÉS DE DIFERENTES ASPECTOS:  a avaliación, o liderazgo, os regulamentos básicos de centro.”
Relator: Mª Carmen Cimadevila Cea. Subdirectora Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo da Consellería de Cultura, Educación e Orednación Universitaria.
-       11:00 horas  Descanso e refrixerio e visita guiada ao Pazo
-       11:30 horas  Grupos de traballo
-       12:30 horas  Posta en común e conclusións
-       13:30 horas  Acto oficial de clausura das XXII
-       14:00 horas  Xantar de clausura
3.- OBXECTIVOS:OS
Ø Coñecer, formular preguntas e obter respostas a todas aquelas cuestións que os asistentes interesen sobre temas relacionados coas baixas laborais e profesionais, coa organización, xestión e responsabilidade nas actividades complementarias e extraescolares e algún outros aspectos do procedemento administrativo relacionados, en xeral, coa organización e funcionamento dos centros educativos e, en particular, co exercicio da función directiva.
Ø Reflexionar sobre os modelos de dirección que se planean a nivel nacional e autonómico froito das normativas actuais e futuras. Para conseguir este obxectivo proporase un traballo reflexivo e compilatorio sobre as principais función e competencias básicas para o exercicio da dirección escolar que será contrastado coa experiencia cotiá dos poñentes e dos asistentes e, finalmente, consideraranse as posibilidades de identificación, diagnóstico e desenvolvemento.
Ø Reflexionar e debater sobre os múltiples cambios acontecidos no ámbito da xestión e funcionamento dos centros educativos de infantil e primaria nos últimos anos e planificar a necesidade de reformulación dun novo Regulamento Orgánico de Centro que abrangue eses cambios e se axuste as novas realidades socio-educativas actuais.
Ø Estes  obxectivos   pretenden  que   os  asistentes   ás Xornadas  estuden, coñezan e  debatan sobre aspectos de  máxima actualidade e  de  especial interese na organización e funcionamento dos centros educativos. E asemade teñan información e poidan coñecelos proxectos das Administracións educa­tivas sobre a presente e futura normativa de centros educativos
4.- METODOLOXÍA:
Ø  Eminentemente práctica e participativa, alternando a exposición e debate dos contidos obxecto de estudo coa análise de documentos, estudo de casos e exercitacións individuais e en grupo.
5.- ASISTENTES:
-      Poden asistir os compoñentes de equipos directivos de escolas de educación infantil, de colexios públicos de educación infantil e primaria, rurais agrupados, centros de educación especial e de centros públicos integrados da Comunidade Autónoma de Galicia que se matriculen no prazo establecido. (Máximo de dúas persoas por Centro)

6.- ORGANISMOS COLABORADORES: