viernes, 12 de abril de 2019

28ª Xornadas de Equipos Directivos no Pazo de Mariñán

Un curso máis, xa temos preparadas, as XXVIII Xornadas de Equipos Directivos, no Pazo de Mariñán, en Bergondo - A Coruña, que celebraremos os días 2, 3 e 4 de maio de 2019. Como sempre, estaremos encantados de contar coa vosa participación e apoio un ano máis. Como sabedes, calquera membro do equipo directivo pode participar nas xornadas.

O contido e programa das Xornadas o podedes consultar facendo clic na imaxe.

A inscrición realízarase preferentemente, a través do seguinte  formulario:
Lembrade que despois de realizar a inscrición é necesario tamén, realizar a transferencia do importe correspondente, (60€ en MP ou 100€ en PC), na conta da Asociación, ES12 2080 0098 91 3040004349 e posteriormente enviar o xustificante escaneado a través deste medio.

Tamén queremos informarvos de que a Xefatura Territorial de A Coruña, a través do Xefe do Servizo de Inspección, confirmounos que os asistentes ás Xornadas teñen concedido o permiso de asistencia. Dende a organización notificarémoslles os-as participantes inscritos-as.

 Tríptico Mariñán 2019

miércoles, 21 de noviembre de 2018

Cambio na presidencia da Asociación

No inicio do curso 2018-2019 Emilio Veiga foi designado como Director do Centro de Formación do Profesorado de A Coruña, e polo tanto deixou de ser director no CEIP S. Francisco Xabier de A Coruña e tamén cesou como presidente da Asociación de directores-as de colexios públicos da cidade de A Coruña.
No seu lugar foi elixido por unanimidade Jesús Celemín, actual director do CEIP Rosalía de Castro de A Coruña, que presidirá esta asociación ata final do presente curso, co compromiso de abrir nese momento un proceso electoral que elixa unha nova xunta directiva e novo presidente-a.
Dende aquí agradecemos a Emilio a súa intensa dedicación nestes últimos sete anos, e desexámoslle  sorte e moitos éxitos no seu novo posto profesional.


martes, 8 de mayo de 2018

Entrevista con Juan Vaello y documentación.

Con motivo das XXVII Xornadas de equipos Directivos celebradas no Pazo de Mariñán entre o 3 e o 5 de maio de 2018, o xornal La Voz de Galicia realizou unha interesante entrevista ao ponente do sábado que falounos das estratéxias para traballar co alumnado disruptivo e desmotivado.


lunes, 7 de mayo de 2018

sábado, 27 de mayo de 2017