domingo, 10 de abril de 2011

Programa das XX Xornadas de Mariñán



 1.- CELEBRACIÓN :
-       Pazo de Mariñán, Bergondo. A Coruña
-       Días 5, 6 e 7 de maio de 2011
2.- PROGRAMA
DÍA 5 DE MAIO, XOVES
-       16:00 horas  Recepción dos asistentes e entrega de documentación
-       16:30 horas  Acto inagural presidido polo Presidente da Deputación Provincial da Coruña
-       17.00 horas Tema: “AS RELACIÓNS INTERPERSOAIS NA COMUNIDADE EDUCATIVA”
     Relator: Senador Pallero García
-       18:30 horas  Descanso e refrixerio
-       19:00 horas  Grupos de traballo
-       19:30 horas  Posta en común e conclusións
-       20:30 horas  Fin da sesión
DÍA 6 DE MAIO, VENRES
-       09:30 horas Tema: “DA DIRECCIÓN AO LIDERADO EDUCATIVO” (PARTE I)
Relatora:Isabel Sánchez Ibáñez
-       11:00 horas  Descanso e refrixerio
-       11:30 horas  Grupos de traballo
-       12:30 horas  Posta en común e conclusións
-       14:00 horas  Xantar
-       16:00 horas Tema: “DA DIRECCIÓN AO LIDERADO EDUCATIVO” (PARTE II)
Relatora:Isabel Sánchez Ibáñez
-       18:00 horas  Descanso e refrixerio
-       18:30 horas  Grupos de traballo
-       19:30 horas  Posta en común e conclusións
-       20:30 horas  Fin da sesión
DÍA 7 DE MAIO, SÁBADO
-       09:30 horas Tema: “AS TIC NO PROXECTO EDUCATIVO. ELEMENTOS PARA A DINAMIZACIÓN DA TECNOLOXÍA NO CENTRO.”
Relator: Jordi Vivancos Martí
-       11:00 horas  Descanso e refrixerio
-       11:30 horas  Grupos de traballo


-       12:30 horas  Posta en común e conclusións
-       13:30 horas  Acto oficial de clausura
-       14:00 horas  Xantar de clausura

3.- OBXECTIVOS:OS
-     Reflexionar sobre as relacións interpersoais dentro da comunidade educativa. Entendendo a función da dirección como a coordinación do conxunto de esforzos que fan posiblea consecución dun ensino público de calidade; facendo dos centros lugares de traballo agradables e enriquecedores que posibiliten ao máximo a razón última da súa xistencia: o proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado.
-     Analizar as funcións da dirección como eixo dinamizador do labor pedagóxico. Desenvolver propostas e estratexias para acadar un liderado educativo, dinamizando iniciativas que conduzan a implantar nos centros novas actividades que se incoporen ao labor cotián do profesorado.
-     Coñecer a actual normativa curricular sobre a competencia dixital e os vixentes   programas de integración das tecnoloxías na educación, dotando aos equipos directivos e o conxunto do profesorado de instrumentos e modelos pedagóxicos e organizativos, que faciliten a coordinación e a dinamización dos usos educativos das TIC, no  marco do proxecto educativo de centro.
-     Estes  obxectivos  pretenden  que  os  asistentes  ás Xornadas estuden, coñezan e debatan sobre aspectos de máxima actualidade e de especial interese na organización e funcionamento dos centros educativos.

4.- METODOLOXÍA:
-     Eminentemente práctica e participativa, alternando a exposición e debate dos contidos obxecto de estudo coa análise de documentos, estudo de casos e exercitacións individuais e en grupo.

5.- ASISTENTES:
-      Poden asistir os compoñentes de equipos directivos de escolas de educación infantil, de colexios públicos de educación infantil e primaria, rurais agrupados, centros de educación especial e de centros públicos integrados da Comunidade Autónoma de Galicia que se matriculen no prazo establecido. (Máximo de dúas persoas por Centro)

       ASOCIACIÓN DE DIRECTORES DE COLEXIOS PÚBLICOS  DA CORUÑA
CEIP “Sanjurjo de Carricarte”. Praza San Xosé Monte  Alto s/n.- 15002   A Coruña