PRAZOS
|
ACTUACIÓNS SEGUNDO A ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013
|
|
1-15 de febreiro
|
- Cambio dun centro a outro ao que se está
adscrito (alumnado de 6º, por exemplo). Presentación
de solicitude (Anexo I) polos
pais, nais ou titores legais no centro de orixen. (Artigo
10º.2)
- Envío
ao centro ao que está adscrito da relación do alumnado susceptible de
matricularse no mesmo para o vindeiro curso, xunto coas solicitudes de
reserva de praza. (Artigo 10º.3)
- A presentación de solicitude noutro centro
estando vinculado por reserva implica perda do dereito de prioridade. (Artigo 11º.3 e 34º.1b).
|
|
Antes do 1 de marzo
|
- Aprobación polo Consello Escolar do
criterio complementario do centro, se é o caso, e da forma de acreditalo. Información á Xefatura Territorial e
inclusión deste dato na información á que fai referencia o punto seguinte. (Art.28º).
- Publicación
no taboleiro de anuncios das vacantes
dispoñibles para o curso 2016-17, así como dos demais aspectos que
figuran no artigo 13º.1 e 13º.2 da devandita Orde.
- Reservar
tres postos por unidade nos cursos 1º de EI e 1º de EP para que a
Comisión de escolarización escolarice, se é o caso, alumnado con n.e. de a.e.
(Artigo 3º.2).
- Sorteo
público na Consellería para determinar a orde de preferencia nos casos de
empate. (Artigo 29º.3).
|
|
1-29 de marzo
(segundo o art. 18.)
|
- Presentación
de solicitudes de admisión segundo
o Anexo II, acompañadas do DNI ou
L. de Familia. (Arts.14º.1, 15º e 16º).
- Cada solicitante presentará unha única
solicitude, relacionando nela por orde de preferencia ata seis centros nos
que solicita praza. (Artigo 14º.6). Na mesma solicitude indicará se desexa ou non utilizar
o comedor e o transporte (Disposic. Adic.
2ª)
- Esta solicitude
entregarase no centro que se solicite en primeiro lugar. (Artigo 14º.5).
-
Todas as solicitudes deberán contar coa data e selo de rexistro de entrada e/ou saída, segundo proceda.
- Ter todos os datos de admisión
cargados na aplicación XADE nos 3
días hábiles seguintes á presentación de cada solicitude. (Art. 14.8)
- Se os pais optan a unha praza para alumnado con n.e.e. deberán
manifestalo e achegarán a documentación pertinente. (Art. 37º.1 e 2)
-
Envío á Xefatura Territorial,
no prazo máximo de dez días hábiles
a partir do día seguinte da súa presentación no centro, xunto coa
avaliación psicopedagóxica inicial realizada polo centro, das solicitudes
para o alumnado con necesidade educativa específica de apoio educativo. (Artigo 38º.1).
|
|
1–12 abril
|
- Se existe máis demandada que oferta, presentación no centro de documentación acreditativa dos criterios de baremo. Esta
presentación ten carácter voluntario. (Artigo 17º.1 e 2)
|
|
13 de abril
|
- Solicitude á Xefatura Territorial da verificación de que os datos fiscais
coincidan cos do Padrón (Art. 22º.3).
|
|
Antes do 25 de abril
|
- Recepción da Xefat. Territorial das solicitudes de prazas reservadas para
n.e.e., acompañadas de informe do EOE e indicación de se procede ou non a
escolarización con cargo á reserva de prazas. (Art. 38º.2).
-
Reunión do Consello Escolar e publicación provisional de admitidos
e non admitidos por curso. (Artigo 30º.1)
-
Prazo de presentación de reclamacións
as listaxes provisionais: cinco
días hábiles. (Artigo 30º.3)
-
As reclamacións
resolveranse coa publicación das listaxes definitivas. (Artigo 31º.1)
|
|
Durante o mes de ABRIL
|
- Solicitude dos servizos de transporte e comedor para o alumnado do Centro que non
teña que formalizar matrícula, con documentación acreditativa e ou
autorización á Consellería (Ver disposición adicional 2ª)
|
|
Antes do 15 de maio
|
-
Publicación das listaxes definitivas
de alumnado admitido e non admitido. (Artigo 31º.2).
-
Contra esta publicación, cabe recurso de alzada ante a xefatura
territorial no prazo dun mes. (Artigo 32º).
- Nun
prazo de 2 días hábiles á publicación das listaxes
definitivas, envío á Xefatura Territorial
a seguinte documentación (artigo 33º):
- Copia das listaxes definitivas de
admitidos.
- Número de postos non cubertos,
detallados por cursos e niveis se é o caso.
- Listaxe de alumnado que non
resultou admitido, xunto coa documentación presentada.
- De ser o caso,
solicitudes de alumnado con n.e.e. que non resultasen admitidas na resolución
definitiva e, tamén de ser o caso,
as prazas vacantes reservadas a este alumnado. (Art. 39º).
|
|
20 - 30 Xuño
|
-
Formalización da matrícula
do alumnado de educación infantil e primaria. (Artigo 40º.2 a).
-
Se finalizado este prazo non se formalizara a matrícula, decaerá o
dereito á praza obtida (Art.40º.3)
- Unha vez finalizado o prazo de
matrícula, comunicación á Xefatura
Territorial o número de prazas vacantes especificando curso e nivel
educativo. Así mesmo irá comunicando todas as vacantes que se
produzan ao longo do curso académico. (Artigo 42º).
|
|
- O centro de secundaria solicitará ao centro de primaria a remisión de documentación correspondente
ao alumnado que formalizou a matrícula no seu centro. (Art. 41º).
-
Comunicar á Xefatura Territorial as
vacantes que se poidan producir no centro:
a) Con
posterioridade á resolución definitiva e antes ao inicio do prazo de
matrícula. (Artigo 33º).
b) As que
xurdan con posterioridade ao inicio do prazo de matrícula. (Artigo 42º).
c) Tamén
as que se produzan ao longo do curso académico. (Artigo
42º).
|