XXV Xornadas de Mariñán
XORNADAS DE EQUIPOS DIRECTIVOS DE ED. INFANTIL E PRIMARIA
1.- CELEBRACIÓN :
- Pazo de Mariñán, Bergondo. A Coruña
- Días 5, 6 e 7 de maio de 2016
2.- PROGRAMA
DÍA 5 DE MAIO, XOVES
– 16:00 horas: Recepción dos asistentes e entrega de documentación
– 16:30 horas: Acto inagural presidido polo Presidente da Deputación Provincial da Coruña
– 17.00 horas Tema: “As avaliacións como elemento de mellora: aportacións, limitacións e as súas consecuencias para a educación escolar”
Relator: Jesús Miguel Jornet Meliá
– 18:00 horas: Descanso e refrixerio
– 18:30 horas: Grupos de traballo
– 19:30 horas: Posta en común e conclusións
– 21:00 horas: Fin da sesión.
DÍA 6 DE MAIO, VENRES
– 09:30 horas Tema: “Os proxectos de mellora na escola. A convivencia positiva como marco de referencia”
Relator: D. Pedro Uruñuela Najera
– 11:00 horas: Descanso e refrixerio
– 11:30 horas: Grupos de traballo
– 12:30 horas: Posta en común e conclusións
– 14:00 horas: Xantar
– 16:30 horas Tema: “As tarefas dos directivos escolares: dirixir persoas e equipos, organizar o centro”.
Relator: D. Alfonso Fernández Martínez
_ 18:00 horas. Descanso e refrixerio
– 18:30 horas: Grupos de traballo.
– 19:30 horas: Posta en común e conclusión.
– 21:00 horas: Fin da sesión
DÍA 7 DE MAIO, SÁBADO
- 09:30 horas Tema: “O desafío da protección de datos e os dereitos tecnolóxicos na educación do século XXI”
Relator: D. Victor Alberto Salgado Seguín
– 11:00 horas: Descanso e refrixerio e visita guiada ao Pazo
– 12:00 horas: Grupos de traballo
– 13.00 horas: Posta en común e conclusións
– 13:30 horas: Acto oficial de clausura das XXIV
– 14:00 horas: Xantar de clausura.
3.- OBXECTIVOS:OS
➢ Coñecer e interiorizar procedementos de actuación cos que habitualmente temos que interactuar a hora de xestionar os centros educativos e de manter as necesarias e correspondentes medidas de actuación no ámbito de xestión, control e movemento dos ficheiros de datos e informacións relativas aos membros da comunidade educativa...
Ø Reflexionar sobre os modelos de dirección que se planean a nivel nacional e autonómico froito das normativas actuais e futuras. Para conseguir este obxectivo proporase un traballo reflexivo e compilatorio sobre as principais función e competencias básicas para o exercicio da dirección escolar dende a premisas do liderazgo compartido , e o liderazgo para a mellora, que será contrastado coa experiencia cotiá dos poñentes e dos asistentes e, finalmente, consideraranse as posibilidades de identificación, diagnóstico e desenvolvemento.
Ø Reflexionar e coñecer como buscar a mellora dos centros educativos a través da implementación de plans de mellora en xeral e do plan de convivencia en particular.
Ø A organización e participación dos diversos membros das comunidades educativas como obxeto de mellora da calidade educativa.
Ø As avaliación internas VS externas de centro. A mellora do centro a través dunha verdadeira anamnesis.
Ø Estes obxectivos pretenden que os asistentes ás Xornadas estuden, coñezan e debatan sobre aspectos de máxima actualidade e de especial interese na organización e funcionamento dos centros educativos. E asemade teñan información e poidan coñecelos proxectos das Administracións educativas sobre a presente e futura normativa de centros educativos.
4.- CONTIDOS:
Ø Xestión da mellora da convivencia nos centros.
Ø Xestión e responsabilidade do profesorado. A Resolución pacífica do conflicto.
Ø A Dirección Escolar como motor na implementación do plan de convivencia.
Ø Xestión escolar. Dereitos-obrigas. Xeración, xestión e control de ficheiros.
Ø Os plan de mellora como elementos básicos na organización e xestión das institucións escolares.
Ø Autonomía e participación como signo de calidade educativa.
5.- METODOLOXÍA:
Ø Eminentemente práctica e participativa, alternando a exposición e debate dos contidos obxecto de estudo coa análise de documentos, estudo de casos e exercitacións individuais e en grupo.
Ø Acompañarase coa activación de grupos de discusión e de presentacións de experiencias persoais e de centro que resalten a significativación dos obxetivos planificados.
6.- ASISTENTES:
- Poden asistir os compoñentes de equipos directivos de escolas de educación infantil, de colexios públicos de educación infantil e primaria, rurais agrupados, centros de educación especial e de centros públicos integrados da Comunidade Autónoma de Galicia que se matriculen no prazo establecido. (Máximo de dúas persoas por Centro)
7.- ORGANISMOS COLABORADORES:
1ª Sesión. Jesús Miguel Jornet
2ª Sesión: D. Pedro Uruñuela Najera e D. Alfonso Fernández Martínez
3ª Sesión: D. Victor Alberto Salgad