A xunta directiva da Asociación de Directores-as da cidade de A Coruña decidimos a suspensión desta vixésimo novena edición debido á situación que vivimos de estado de alarma e confinamento pola crise do coronavirus Covid-19. Por primeira vez, e tras 28 anos ininterrumpidos, tomamos esta inevitable decisión, cando xa tiñamos as Xornadas organizadas e pechadas totalmente para celebrar no Pazo de Mariñán entre o 7 e o 9 de maio de 2020, e na que contabamos coa participación de destacados poñentes como por exemplo o especialista en neuroeducación Hector Ruiz.
Queremos informarvos tamén de que estamos a valorar a realización dunha xornada de un día na época de outono.
Desexamos a todos os compañeiros e compañeiras directivos que vos encontredes ben e agardamos vernos pronto no Pazo de Mariñán, dando continuidade a tantos anos de formación e convivencia.
Forte aperta compañeiros-as!!
Antonio Leonardo Pastor (Presidente da Asociación)